viernes, 5 de octubre de 2012

Galicia berra polo verdadeiro cambio.



É obvio que Galicia berra, prácticamente afónica, por un cambio. O Goberno de Feijoo foi indiscutiblemente desastroso e mentireiro (para mostra esta impecable páxina), mires os ratios que mires. E como exame a Rajoy, a resposta ten que ser o máis dura posible, se é que non estamos dacordo con que os que estén pagando por algo que non alimentaron, a saber: dependentes, funcionarios, parados, pensionistas, estudantes, etc. continuen a sufrir as políticas deste Goberno.

Máis, penso que ten que vir algo máis aló que un simple relevo turnista, tan propio da democracia española. Polos servicios básicos aos que temos dereito os galegos, ante todo, polo futuro da sanidade e a educación públicas, universais e de calidade, temos que sacar do goberno ao PP, si. Pero xa coñecemos o que poden ofrecer tamén un PSdG, que non escoita as súas bases (que ao final é onde debería radicar a súa verdadeira forza) e prégase claramente aos intereses do PSOE, como  xa demostrou coa exclusión das listas do seu diputado máis activo, Xosé Manuel Lage, polas loitas internas entre o candidato Pachi Vázquez e o número 1 por Coruña, o ex ministro Caamaño; e un Bloque que navega sen rumbo dende fai  xa demasiados anos. Xa coñecemos o que son capaces de facer en coalición.

Galicia berra, máis berra por algo máis, por algo mellor.

O cambio ten que vir polos que representen realmente os nosos interesantes. É dicir, por nós mesmos, por cada un de nós, na nosa actitude. Temos que estar neste momento concreto da historia de Galicia á altura das graves circunstancias, ben informados e altamente alerta. Non debemos crer todo (ou case nada) do que lemos nos grandes periódicos (o apoio a Feijoo é desmedido en medios como La voz de Galicia ou El Correo Gallego, masivos no noso país) ou nos telediarios (máis agora, con TVE e TVG controladas polo réxime), e en definitiva, ser altamente críticos. Hai que ler os programas; entender o que hai escrito neles; e, sobre todo, e tal e como está o patio, o que non está escrito.

Non vale votar en blanco. Pola inxustísima Lei electoral (máis dura que nas Eleccions Xerais ao Estado) temos en Galicia unha barreira á entrada no Parlamento dun 5% de mínimo de votos por provincia pra ter representación; sería unha boísima noticia, unha gran cantidade de votos en blanco, para os partidos tradicionais: os que nos colocaron nesta situación.

Non vale non ir a votar. E si, e lexítimo dado o cabreo xeralizado. Máis os votantes do PP non van quedar na casa, e ninguén vai lembrar o alto grado de insatisfacción cando os telediarios anuncien á maioría absoluta do PP maquillando o dato da abstención e Rajoy e Feijoo froten as maos e comecen unha nova lexislatura que só pode ser fatal para os galegos. Da arrepío só pensalo. Non olvidemos que non é o mesmo política (especialmente necesaria nesta época para frear o poder económico) que políticos. Non olvidemos que non hai unha clase política senón políticos que representan a diferentes clases: Escolle o que mellor vaia a defender a túa.

Eu teñoo claro; Alternativa Galega de Esquerdas, AGE, representa unha novidade a este hastío e desafección que sentimos unha amplia mayoría. Invito, á quen non se sinta agusto no actual sistema, no que o mesmo nos reforman a tan defendida e intocable noutros ámbitos, Constitución Española, de forma absolutamente antidemocrática, como saquean os fondos públicos (os nosos) para paliar os roubos duns poucos banqueiros, a ler o programa eleitoral desta coalición, que nace nun momento en que un frente de esquerdas é máis que necesario, mentres  que outros prefiren mirar o seu ombligo, e AGE pretende xuntar e aglutinar esforzos para a defensa do noso. A nosa voz pode verse representada, por fin, no Parlamento Galego.

Aquí o tendes,

Programa Electoral AGE,

lede con calma, e búscade puntos nos que esteades en acordo ou en desacordo, sede especialmente críticos, antes de escoller outra opción máis tradicional. Paga a pena o esforzó cando se trata do noso futuro, non?


Yolanda Díaz e Xose Manuel Beiras

No hay comentarios:

Publicar un comentario